Presentación

Glía é unha editorial de nova creación que está a traballar en dous ámbitos: O libro pedagóxico para educación Infantil e Primaria e o libro técnico.

En canto o libro pedagóxico, estase a traballar no ámbito da Comprensión e Lectoescritura en Galego mediante os cadernos COLEGA, no da Expresión Oral mediante o material O Dragón Pepón, e no máis lúdico mediante Lelo coñece a granxa.

No eido do libro técnico, disponse dun Manual de Iniciación a Autocad, orientado á aprendizaxe inicial desta aplicación, moi útil nas etapas da ESO, Bacharelato, FP e primeiros cursos das carreiras técnicas.

Pódenos seguir no Facebook no perfil: http://facebook.com/gliaedicion