O Dragón Pepón
O Dragón Pepón. Programa anual de estimulación da linguaxe oral
O dragón Pepón é un proxecto de estimulación da linguaxe oral dirixida a nenos e nenas entre tres e seis anos co obxectivo de previr e detectar posibles alteracións da fala estimulando así o correcto desenvolvemento da mesma.
O proxecto está composto por: un libro de contos, un libro de actividades, que contén a guía do profesor, e material anexo para a realización das actividades.
Autores: Sabela Fernández Trelles
Ana Isabel Iglésias González
Mª Eugenia Martínez Mella
Laura Pampín Ares
ISBN: 978-84-938283-0-1
Ano 1ª Edición: 2010
Idioma: Galego
Material: Infantil
Contido: Guía do Profesor, Libro de Actividades, Conto
e fichas
PVP: 65€
Pódenos atopar no Facebook no enlace O Dragón Pepón e unirse ao grupo Eu son fan do Dragón Pepón.

