Filosofía
O noso obxectivo
Glía: glía deriva do grego bizantino γλία, "liga", "unión". As células gliales (coñecidas tamén colectivamente como glía ou neuroglía) son células nodriza do sistema nervioso que desempeñan, de forma principal, a función de soporte das neuronas, ademais interveñen activamente no procesamento cerebral da información
-
¿Por qué Glía? Glía nace para dar soporte ás ideas, cubrindo as necesidades das persoas que crean , ensinan e aprenden. Glía edición e comunicación ten como obxectivo contribuír a sociedade expandindo o coñecemento.
-
¿Que fai Glía? Glía edición e comunicación divulga ideas. Dende a edición tradicional a electrónica. Dálles servizo ás e aos creadores, sendo a plataforma ideal para a expansión de ideas, con tiraxes ilimitadas Emite contidos, xenerados por profesionais de ampla experiencia, que optimizan o proceso da educación. Edita libros de alta calidade.
-
¿Quen somos? Glía nace como idea de un grupo de profesionais que queren encher o espazo que as grandes editoriais non cobren. De carácter multidisciplinario, o equipo descubriu en Galicia oportunidades de mellora na elaboración e difusión de contidos, especialmente de tipo pedagóxico e científico. Aínda que abertos a todo tipo de coñecemento, as primeiras creacións son traballos realizados por formadores para cubrir necesidades non satisfeitas aínda en Galicia
Autores: editamos a túa creación, cos máis altos estándares de calidade.
Formadores: temos contidos con alto valor pedagóxico.
Alumnos: os contidos que xeneramos facilitan o proceso de aprendizaxe, centrándose na parte práctica e eliminando o superfluo.