Procesamento fonolóxico para infantil e primaria: Xavitor, o castor lector (próximamente)

Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector.

O innovador de Xavitor, o castor lector é que achega os nenos de infantil e primaria ao procesa­mento fonolóxico e á aprendizaxe do código alfabético dun xeito secuenciado e motivador. Xavitor contextualiza as actividades, e os materiais son moi precisos e facilitan a aplicación na aula. Ao mes­mo tempo, é un material creativo e flexible, que abre un abano de posibilidades na súa aplicación.


Estructúrase en 3 niveis:

Cada ún co seu maletín de contidos:

• Guía do mestre
• Caderno do neno
• 4 paneis: A, B, C e D
• 42 pranchas recortables
• 4 láminas (dúas por cartolina)
• 4 lotos (dous por cartolina)
• Dominó de 33 fichas
• 10 bolsas
• 8 adhesivos

Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector. Mostra de páxinas interiores da Guía do Mestre


Obxectivos e temporalidade

Xavitor, o castor lector deseñouse para traballar os precursores temperáns da lectura e da escritura e así previr dificultades na súa aprendizaxe. O programa proporciona materiais e procedementos que facilitan a intervención nas dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura e orienta na prevención das dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura.

Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector. Mostra do Panel das Sílabas Iniciais
Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector. Mostra do xogo Dominó coas fichas recortables

Perfil dos destinatarios do material

Xavitor, o castor lector está dirixido a mestres de educación infantil e primaria, orienta­dores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, especialistas en audición e linguaxe, en pedagoxía terapéutica e en educación especial; así como a todos aqueles profesionais que traballan con alumnos con ou sen dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura para apoiar a súa aprendizaxe.

Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector. Caderno do nen@
Comprensión e lectoescritura en galego, educación infantil e primaria
Próximamente: Xavitor, o castor lector. Mostra de páxinas interiores do Caderno do Nen@

 

Deja un comentario