Proxectos
Proxectos a Medida
Glía Edición non se limita exclusivamente á edición de material propio, senón que tamén desenvolve proxectos específicos a medida, normalmente cunha forte compoñente pedagóxica. Así, durante o ano 2011, destacaron:
- Elaboración de Material Didáctico para o Porto da Coruña: Caderno de Infantil, Caderno de Primaria, Caderno de Secundaria, e Libro do Profesor
- Elaboración de Conto para O Porto de Vigo, "Xurxo visita o porto", composto dun libro e un CD con actividades e xogos educativos
Ademais, Glía está aberta ao estudo de calquera proposta editorial que se poida recibir.

