Desenvolvemento das experiencias cognitivas dos nenos

O noso obxectivo é convertirnos na editorial do libro pedagóxico en galego de referencia na comunidade. Traballamos en dous ámbitos: o libro pedagóxico para educación infantil e primaria, e o libro técnico.

En canto ao libro pedagóxico, estase a traballar no ámbito da comprensión e lectoescritura en galego, mediante os cadernos Colega; no da expresión oral e escrita, mediante o material O Dragón Pepón; e no máis lúdico, mediante Lelo coñece a granxa.

No eido do libro técnico, disponse dun Manual de Iniciación a Autocad, orientado á aprendizaxe inicial desta aplicación, moi útil nas etapas da ESO, Bacharelato, FP e primeiros cursos das carreiras técnicas.

Pódesnos seguir no Facebook no perfil: http://facebook.com/gliaedicion. Poderás facerte fan das nosas publicacións: Lelo, O Dragón Pepón, e As Aventuras de Mariña e Lucas.