Descrición
Xavitor, o castor lector: Nivel 1. Actividades de procesamento da conciencia fonolóxica para a aprendizaxe da lectoescritura (4 anos)
O innovador de Xavitor, o castor lector é que achega os nenos de infantil e primaria ao procesamento da conciencia fonolóxica e á aprendizaxe do código alfabético dun xeito secuenciado e motivador.
Xavitor contextualiza as actividades, e os materiais son moi precisos e facilitan a aplicación na aula. Ao mesmo tempo, é un material creativo e flexible, que abre un abano de posibilidades na súa aplicación.
Deseñouse para traballar os precursores temperáns da lectura e da escritura e así previr dificultades na súa aprendizaxe. O programa proporciona materiais e procedementos que facilitan a intervención nas dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura e orienta na prevención das dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura.
Xavitor, o castor lector está dirixido a mestres de educación infantil e primaria, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, especialistas en audición e linguaxe, en pedagoxía terapéutica e en educación especial; así como a todos aqueles profesionais que traballan con alumnos con ou sen dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura para apoiar a súa aprendizaxe.
Autoras: Rosa Mary González Seijas e Isabel Sánchez Vázquez
ISBN: 978-84-946440-0-9
Ano 1ª Edición: 2018
Idioma: Galego
Material: Infantil e primaria
Contido: Maletín con Guía do mestre, Caderno d@ nen@ con actividades, tarxetas de debuxos recortables, paneis e láminas de xogos, dominó, bolsas e adhesivos.
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.