GliaEdicion: Xavitor, o castor lector: Maletín Nivel 2

Xavitor, o castor lector: Nivel 2

65.00

SKU: 978-84-9464440-1-6 Categoría: Etiqueta:

Descrición

Xavitor, o castor lector: Nivel 2. Actividades de procesamento da conciencia fonolóxica para a aprendizaxe da lectoescritura (5 anos)

O innovador de Xavitor, o castor lector é que achega os nenos de infantil e primaria ao procesa­mento da conciencia fonolóxica e á aprendizaxe do código alfabético dun xeito secuenciado e motivador.

Xavitor contextualiza as actividades, e os materiais son moi precisos e facilitan a aplicación na aula, de xeito que, ao mes­mo tempo, é un material creativo e flexible, que abre un abano de posibilidades na súa aplicación.

Deseñouse para traballar os precursores temperáns da lectura e da escritura para previr dificultades na súa aprendizaxe. O programa proporciona materiais e procedementos que facilitan a intervención nas dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura e orienta na prevención das dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura.

Xavitor, o castor lector está dirixido a mestres de educación infantil e primaria, orienta­dores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, especialistas en audición e linguaxe, en pedagoxía terapéutica e en educación especial; así como a todos aqueles profesionais que traballan con alumnos, con ou sen dificultades na aprendizaxe da lectura e da escritura, para apoiar a súa aprendizaxe.


Autoras: Rosa Mary González Seijas e Isabel Sánchez Vázquez
ISBN: 978-84-946440-1-6
Ano 1ª Edición: 2018
Idioma: Galego
Material: Infantil e primaria
Contido: Maletín con Guía do mestre, Caderno d@ nen@ con actividades, tarxetas de debuxos recortables, paneis e láminas de xogos, dominó, bolsas e adhesivos.


 

Información adicional

ISBN

978-84-946440-1-6

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xavitor, o castor lector: Nivel 2”